NACE...XOVE COSTA TRAIL

Nace....Xove Costa Trail. (XCT-2019). A idea parte de dous membros da ACD.XOVE, Miguel Fra (Vicepresidente) e Benigno Canoura (Socio e Delegado da Escola de Baloncesto), e tamén aficionados as carreiras de montaña (Trails).

A idea deles e poder facer un Trail en Xove, aproveitando un entorno tan maravilloso, como é a Costa de Xove, e ahí nace Xove Costa Trail.

As carreiras serán pola a costa de Xove, e terán duas distancias, 25 km. e 13 km. , tamén haberá unha Andaina de 13 km. A data de celebración será o 24 de Marzo (domingo). Os corredores e camiñantes, sairán do Portiño de Morás para percorrer toda ou parte da costa Xovense, e acabar no Centro Civico de Xove, onde se levaran a cabo todos os actos, como unha pinchada para participantes, entrega de trofeos, entrega de obsequios e regalos...etc.... Agora solo o que necesitamos, e moita sorte....que faiga bo tempo, que haxa moitos participantes ,que se animen e vir ver a nosa preciosa costa, que non haxa ningún percance, e que todo saia ben.

Asimesmo queremos dar as grazas a todas as entidades, que nos axudan para poder levar a cabo este proxecto, empezando polo Concello de Xove, que fai unha aportación total de medios, tanto económicos como infraestructurais, e tamén a tódolos comercios que nos aportan esa pequena axuda que tanto nos fai falta.

GRAZAS A TODOS.

Tedes toda a informacion na páxina de Facebook do evento

cartel