Xornada 1 Liga de Fútbol Sala Escolar de A Mariña

Este pasado fin de semana deu comezo al liga de fútbol sala escolar na que os nosos equipos participan en tres categorías: benxamín, alevín e infantil.

Os tres equipos xogaron na mañán do sábado no Polideportivo Municipal de Xove. Os mais pequenos gañaron por 5 a 0 ó Lourenzá. Os alevíns non tiveron tanta sorte e caeron por 3 a 6 fronte ó equipo de Barreiros. Mentres que o equipo de categoría infantil goleou por 12 a 1 ó Celeiro.

Máis abaixo podes ver algunhas fotos dos partidos.

Por outra parte dende a sección de fútbol sala que podes encontrar no menú principal desta páxina web poderás consultar o calendario e resultados dos equipos da ACD XOVE, tamén poderás consultar as clasificacións das ligas. Os resultados e a clasificación actualizaranse despois de cada xornada.

Bótalle unha ollada os resultados e clasificacións

foto
foto
foto
foto