Hoxe, día 11 de Setembro de 2017 estréase a nova páxina web da ACD XOVE. Trátase dun diseño "mobile first", co cal que pretendemos que os usuarios poidan navegar comodamente por ela dende calquer dispositivo (móvil, tablet...), e tamén convertila nunha páxina máis interactiva para facer nela toda clase de xestións.
Con esta renovación implementaremos novas funcionalidades da web como a inscrición online, dende o primeiro día tódolos socios poderán inscribirse a calquera das escolas que ofertamos dende os seus dispositivos, sen necesidade de imprimir nin descargar ningún arquivo, en solo 5 minutos estarás apuntado as túas actividades preferidas. Dende a ACD XOVE animamos a tódolos SOCI@S a facer uso desta nova facilidade.
Nos próximos días iranse engadindo outras funcionalidades, como a posibilidade de facerse socio online ou inscribirse nas rutas de sendeirismo.
Por outra parte, dende o menú "Nós" da páxina poden acceder ademais de a información relativa a esta asociación, a unha nova área de contacto donde podedes encontrar tódalas formas de contactar con nós, especialmente anímase a todo o mundo a mandar calquera suxerencia ou problema dende o formulario de contacto.
Podedes observar como dende os distintos menús da web hai un apartado adicado a cada unha das actividades, aínda que por agora a maioría encóntranse case vacíos, pero será ahí onde se publicarán os grupos e horarios das distintas escolas. Tamén publicaranse as comunicacións que se consideren oportunas.
Dende a esquina superior dereita tamén hai un enlace o FACEBOOK da asociación, donde se publicarán a maioría das fotos e tódalas novidades como se viña facendo.