SENDEIRISMO XOVE POLO RÍO EUME

Este domingo pasado día 15 de Outubro, parte do Grupo de Senderismo Xove, desprazouse a localidade de As Pontes (A Coruña) para facer a Ruta As Fragas da Ribeira e Lostegal.

A saída da Ruta fíxose no alto do Parque Eólico da Carballeira, para percorrer primeiro a Fragas de Lostegal e despois a Fraga da Ribeira, no Encoro da Ribeira no Rio Eume. Unha ruta moi bonita de preto de 16 km. por unha paraxe de vexetación totalmente autóctona .

Destacar a baixura do Encoro da Ribeira, que está en mínimos de auga acumulada, e que deixa a vista edificacions que non se podian ver dende fai moitos anos, por estar sumerxidas nas suas auga. O final de Ruta, no Parque do Eume en As Pontes, para despois dar un paseo polo pobo, e visitar o lago artificial e a sua praia.

A próxima Ruta será o Rio Sor, o vindeiro día 5 de Novembro

ruta fragas da ribeira