Este fin de semana pasado 30 de Setembro e 1 de Outubro, parte do Grupo de Senderismo Xove, composto por 37 sendeiristas, desprazaronse a Cantabria e Asturias, para facer unha ruta polos Picos de Europa, e coñecer as Cuevas del Soplao en Cantabria e o Mirador do Fito en Asturias.
O sábado dia 30, fixeron a Ruta "Los Puertos de Áliva", e para acceder a senda, subiron no teleférico de Fuente Dé (Cantabria)a parte alta da montaña, para alí dar comezo a unha preciosa e espectacular Ruta de 15 km. con final outra vez en Fuente Dé, e na cal se salva un disnivel de 753 metros.
O Domingo, pola maña visitaron a Cueva del Soplao, na Comarca del Nansa (Cantabria). Este cova esta considerada unha das grandes maravillas da xeoloxía, con espectaculars estalactitas, estalagmitas, coladas, que fan do Soplao unha cavidade única.
Pola tarde visitaron o Mirador del Fito, en plena Serra del Suave, e recoñocido por un dos grandes miradoiros de Asturias, pois divisase tanto a costa asturiana, como as montañas mais altas dos Picos de Europa.