A FUGA-ACD.XOVE, 3º NO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE FÚTBOL SALA-2018

Este sábado pasado día 23 de Xuño, xogouse en Sarria (Lugo) a fase final do Campionato Galego de Fútbol Sala Infantil, para o cal estaba clasificado o noso equipo infantil, como representante da provincia de Lugo.

Na Semifinal perdeuse contra o equipo AD.Distrito V F.S. de A Coruña o cal gañaria a final, proclamandose campion galego, pero no partido polo tercer/cuarto posto, gañamos o CD.Maristas Augas de Sousas de Ourense por un contundente 0-3, proclamandonos 3º clasificados e medalla de Bronce, do Campionato Galego.

Todo un éxito para os nosos rapaces, os cales queremos felicitar e dar a nosa noraboa.

Tamén felicitar e dar a noraboa o corpo técnico, entrenador e delegado, así como as familias dos xogadores.

foto 1