NOITE DE PERSEIDAS

Este sábado pasado día 11, 82 camiñantes de distintas localidades da Mariña, acudiron a cita do Grupo Sendeirismo Xove, para participar na Ruta Nocturna Perseidas-2018.

Con saída na Aldea de Arriba de Morás (Xove), accederon o Cota da Vela, pico mais alto da costa de Xove, e onde se encontra soterrado un dos castros mais grandes de A Mariña, para continuar polo ruta do Camiño Natural do Cantabrico, ata a Illa de Sarón, onde fixeron unha pequena acampada de preto de 2 horas para observar a choiva de estrelas "Perseidas".

Tumbados no chan, e facendo acopio dun pequeno "picnic", disfrutaron dunha gran noite, totalmente despexada, ainda que o numero de avistamentos non foi moi elevado, os poucos que se viron foron espectaculares. Solo con mirar o ceo tan cheo de estrelas, a relaxación foi total. A 1:00h. da mañan, seguiron camiñando para voltar o punto de saída onde deixaran os vehiculos.

En total 5 km de camiñata, e 2 horas de relaxante observacion. Para o ano mais.

Foto de Santos Cordovilla, tomada con teleobxetivo dende un punto alto da ruta, mentras o grupo facía acopio do "picnic".

Perseidas 2018