Viaxe o Parque Natural do Lago de Sanabria

O próximo fin de semana, 29-30 de Setembro, 46 membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazaranse o Parque Natural de Lago de Sanabria (Zamora), para disfrutar de duas xornadas de Sendeirismo en plena natureza.

Percorreran a milenaria "Senda de Los Monjes", denominada así, por ser o camiño que tiñan que facer os monxes cistercienses, despois de pescar troitas no Lago e subir o Mosteiro situado en San Martin de Castañeda. Outro percorrido sera a Senda Perimetral do Lago, onde poderán disfrutar da espectacularidade do Lago natural mais grande de España e o mais grande de Europa de orixe glaciar.

O Grupo tamén participará nun Cruceiro Medioambiental polo Lago de Sanabria, a bordo do Catamaran "Helios-Cousteau" o cal dispón de cámaras subacuáticas e con buceadores do EBI (Estación Biolóxica Internacional). Este catamarán, foi o primeiro catamaran eólico-solar do mundo.

Na ultima xornada o Grupo visitará a localidade de Puebla de Sanabria, o seu conxunto histórico artístico, no cal destaca o Castelo dos Condes de Benavente, tamén visitarán o Castelo dos Templarios en Ponferrada.


Sanabria
Sanabria
Sanabria