ESCOLAS DEPORTIVAS-CULTURAIS 2017-2018

Xunta Directiva e Delegacions

  • José Manuel Blanco González (Presidente e Coordinador Xeral)
  • Ovidio Rouco Otero (Tesoureiro e Delegado de Xadrez)
  • María José Sánchez Fernández (Secretaria )
  • Miguel Fra Fra (Vicepresidente e Delegado de Fútbol Sala e Tenis de Mesa
  • María Ines Díaz Campo (Vocal Directiva e Delegada de Teatro e Patinaxe)
  • Antonio Mazana García (Vocal Directiva e Delegado Fútbol Sala e Atletismo)
  • Dolores Yáñez Núñez (Vocal Directiva e Delegada de Pintura)
  • Jesús Maragoto Polo (Vocal Directiva e Delegado de Fútbol Sala)
  • José A. Fernández Vázquez (Vocal Directiva e Delegado de F.S. e Tenis de Mesa)
  • Francisco López Fernández (Vocal de Directiva e Delegado de Fútbol Sala)
  • Noelia López Montero (Delegada de Patinaxe Artístico)
  • Juan J. Bértolo López (Delegado de Fútbol Sala)
  • José Ángel García González (Delegado de Fútbol Sala)
  • Dolores López González ( Delegada de Aeróbic – FIT-DANCE/PILATES)
  • Jorge Permuy Lorenzo (Delegado de Atletismo)

Información das escolas

XOGOS PRE-DEPORTIVOS (3-4 anos)

Actividade será os Martes e Xoves (17:00 a 18:00h, e de 18:00h. a 19:00h. dous grupos), na Sala Multideportiva. Durante o Curso, ademais organizaranse excursións e outras actividades deportivas.

  • Monitoras: Laura Vilasa e Yovanna Canoura.

ESCOLA DE KARATE: (5 a 16 anos)

Impartirase clase de Karate un solo día a semana (luns),con unha duración de unha hora. Formaranse varios grupos, según o numero de alumnos-as. Unha vez o mes (sábado) participarase nunha demostración con outras escolas da comarca.

  • Monitor: Eladio Santalla

ESCOLA DE TEATRO: (6 a 16 anos)

As clases de Teatro serán os Luns no Salón de Actos. (17:00h – 18:00h. dous grupos) O final do Curso, representarase unha obra teatral.

  • Profesora: Lara Fernández

ESCOLA DE PATINAXE ARTISTICA: (5 a 16 anos)

As clases impártense no Pavillón Polideportivo.
  • Grupo Pequenos: de 17:00h. a 17:45h.
  • Grupo Medianos: de 17:45h. a 18:30h.
  • Grupo Grandes: de 18:30h. a 19:30h. (Grupos de Competición).
Os Grupos de Competición, participaran nos Campionatos Escolares de Patinaxe Artística.

  • Monitora: Elsa Rodríguez

CLASES DE PINTURA: (+ 8 anos – adultos)

Impartiranse no Centro Cultural Agramonte, os Mércores e Xoves ( de 17:00h a 18:30h nenos - de 18:30h a 20:30h. adultos).

  • Profesor: Pablo Bellas

ESCOLA DE FÚTBOL SALA: (5 a 16 anos)

Dúas sesións de adestramento a semana, nos Pavillóns Municipal e do Colexio. Os equipos participaran nas Ligas de Deporte Escolar, e na Ligas da Mariña “Indecum”. Distintos horarios según os equipos (ver en horarios).

  • Coordinador-Monitor: Javier Pardeiro
  • Monitores: Pablo Díaz, Carlos Moreno, David Ribeira.
  • Nota: Si fora necesario, incorporariamos un Monitor mais.

ESCOLA DE BALONCESTO: (5 a 16 anos)

Dúas sesións de adestramento a semana, nos Pavillóns Municipal e do Colexio. Os equipos participaran nas Ligas de Deporte Escolar, sempre e cando se formen equipos de categoría mixta. Distintos horarios según os equipos (ver en horarios).

  • Coordinador-Monitor: Armando Otero.

CLASES DE AEROBIC-FIT-DANCE/PILATES TRX: (+14 anos – adultos)

Impartiranse na Sala Multideportiva Cultural, os Luns e Xoves ( de 21:00h. a 22:00h.)

  • Monitora: Belinda Canoura.

ESCOLA DE XADREZ: (5 a 16 anos).

As clases serán na Aula de Formación, os Mércores (de 17:30h. a 20:30h, 3 grupos). Formaranse equipos para participar nos Campionatos Escolares de Xadrez.

  • Monitor: Julio Delgado

ESCOLA DE ATLETISMO: (8 a 16 anos).

Nos primeiros meses os adestramentos irán dirixidos a preparar as competicións de Campo a Través, e despois preparar o Atletismo en pista. Utilizaranse distintas instalacións deportivas municipais (Campos de Fútbol, Pavillóns Polideportivos), e tamén se farán adestramento o aire libre. Os dias e horarios de adestramentos concretaranse cos atletas.

  • Monitores: Iván Vázquez, Pedro Esmoris e Felipe Martínez (RoqSport).

EQUIPOS DE TENIS DE MESA: (8 a 16 anos).

Os adestramentos (días e horas), organizaranse en función dos xogadores inscritos, e da dispoñibilidade de horarios. As clases serán na Sala Multideportiva. Os equipos participarán nos Campionatos Escolares de Tenis de Mesa.

  • Monitor: Jose M. Blanco.

Normas básicas das escolas

  1. Puntualidade, a hora de chegar os adestramentos ou actividades. A falta de puntualidade, sen causa xustificada, será clasificada como unha falta leve.
  2. Totalmente prohibida a entrada a actividade comendo a merenda, debendo de esperar fora da totalidade da instalación.
  3. Actitude de respeto e disciplina hacia as actividades, as decisións do Monitor, e esforzarse en aprender e mellorar en tódolos aspectos.
  4. Respeto, tolerancia, colaboración e apoio hacia monitores e compañeiros, tanto dentro das instalacións como fora delas.
  5. Avisar os Monitores ca suficiente antelación, das ausencias os adestramentos, partidos ou clases.
  6. Obrigatorio, asistir os adestramentos ou clases ca roupa apropiada para a actividade.
  7. Hixiene básica, como ducharse despois dos adestramentos ou partidos. (Quedan exentos os nenos-as mais pequenos).
  8. As faltas leves, graves, ou moi graves, están tipificadas no réxime disciplinario da ACD.XOVE, ca súa correspondente sanción. Así mesmo cada Escola ten as súas normas, segundo a actividade que se desenvolva.