SENDEIRISMO XOVE POLA FRAGA DAS REIGADAS

Este domingo pasado, membros do Grupo de Sendeirismo Xove, desprazaronse a Pontenova, para facer a Ruta da Fraga das Reigadas.

A Fraga das Reigadas e un dos espacios naturais mais relevantes da provincia de Lugo. En plena Reserva da Biosfera,"Rio Eo, Los Oscos y Tierras de Burón", a Fraga das Reigadas esta considerado como un dos bosques mais fermosos e mellor conservados de toda a provincia.

O grupo percorreo 15 km. de Fraga, nun dia de intensa choiva, que non tivo tregua durante toda a mañan.

Falabamos no grupo que esto é, "Sendeirismo 100% Galego", unha autentica e impresionante fraga, baixo un día de intensa choiva.

A ultima hora da tarde, o grupo deu un paseo pola Pontenova, que ese día estaba en festas patronais.

Foto: Posando na Ponte nova de A Pontenova. Foto de Xuxo Fraga.

foto 1