Este fin de semana pasado, tivemos dous xornadas na que practicamos distintos deportes.
O sábado día 7, as 17:00h. no Pavillón Municipal de Xove, xogouse un partido de Fútbol Sala pertecente a Liga Pre-Benxamin de A Mariña 2017-2018
A FUGA-ACD.XOVE F.S: 4 - AD.SANTIAGO DE FOZ: 1
Os nosos Pre-Benxamins, estan a facelo moi ben, e seguro que van a quedar nos postos altos da clasificación.
O sábado día 7, as 10:00h. celebrouse a segunda xornada do Campionato Comarcal de Xadrez, no Colexio Martinez Otero de Foz. Seguimos puntuando en casi tódalas rondas, agora quedan as rondas finais.
O sábado día 7, as 12:00h. Primeira Preparatoria do Campionato Provincial de Patinaxe Artistica, no Pavillon Municipal de Chantada. Moi ben o noso equipo de Competicion de Primaria composto por 6 nenas.
O domingo día 8 a partir das 16:30h. no Pavillon Municipal de Xove. Celebrouse a Xornada Final do Campionato Comarcal de Badminton, nas categorias, Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete. Participan entidades de A Mariña.
Pola mañan na xornada de portas abertas para adultos. na cal participaron cerca de 40 adultos. os cales disfrutaron dunha mañan de deporte e compañerismo.
O Concello de Xove, felicitou e homenaxeou a CHRISTIAM COCIÑA, como Subcampión de España de Fútbol Sala Benxamin. O Alcalde Demetrio Salgueiro,acompañado da Concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, fixolle a entrega dunha praca, antes da entrega de medallas do Campionato de Badminton.