Este sábado día 5 de Maio, celebrouse a Copa de A Mariña de Fútbol Sala. A categoría Benxamin xogou en Burela, a categoría Alevín en Foz, e a categoría Infantil xogou en Lourenzá. Dintintos resultados dos nosos tres equipos, pero decir que todos fixeron unha gran competición e xogaron a un gran nivel.
O equipo Benxamin, quedou 3º Clasificado, despois de vencer o CD.Burela F.S., na disputa do 3º/4º posto.
O equipo Alevin, non pasou da fase de grupos, e xa non tivo opción de disputar os postos de trofeo.
O equipo Infantil, quedou CAMPIÓN de Copa, despois de gañarlle na final a ED.Lourenzá por 1-4.
Destacar desta Copa, o noso equipo Infantil, que este ano fixo o doblete, gañando Liga e Copa. Un equipo moi xusto de xogadores, pois na Copa, solo puideron competir 6 xogadores. Decir que este equipo ten un nivel de competición, de sacrificio, de entrega e de esforzo, digno de admirar. Dende a familia da ACD.XOVE, teñen toda a nosa admiración. Agora solo lles queda, que teñan moita sorte no Campionato Provincial.
O domingo 5 de Maio, celebrouse no Pavillón Municipal de Vilalba, o Campionato Provincial de Tenis de Mesa-2018.
O equipo Alevin, formado por Brais Fernandez, Xenxo Salgueiro, Miguel Frá e Iago Pérez, quedou eliminado na fase de grupos, pois gañaron un partido de tres disputados. Decir que competiron a un gran nivel, e disfrutaron dunha gran competición.
O equipo Benxamin, composto por Juanjo Paz, Marcos Fernandez e Abraham Diaz, pasaron a fase de grupos como segundos, e xogaron a primeira semifinal contra o CTM.Vilalba, co cal perderon de forma moi xusta. Despois disputaron o 3º/4º posto co CP. O Pilar, e acabaron perdendo por 3-2 con resultados moi axustados en todos os enfrontamentos. Decir que a este equipo ganaranlle na fase de grupos. O final 4º Clasificados, con sabor amargo, pois puideron estar na final. Un gran exito pois era a primeira vez que ivan a un Camp. Provincial.