RESULTADOS FIN DE SEMANA MULTIDEPORTIVO 21-22 DE ABRIL

Fútbol Sala(Prebenxamín) en Xove

Ultima xornada da Liga PreBenxamin de A Mariña. Gran partido dos nosos Pre-Benxamins, que gañaron, e xogaron moi ben. Para o ano que ven na Liga Escolar, seguro que van a dar moita guerra. Noraboa rapaces.

Tenis de Mesa en Ribadeo

Segunda e ultima xornada do Campionato Comarcal de Tenis de Mesa, celebrado no Pavillón Municipal de Ribadeo. Gran resultado para o noso equipo Benxamin, composto por Juanjo Paz, Marcos Fernandez e Abraham Diaz, pois quedaron 4º e moi cerca do podium, donde competian preto de 20 equipos. Moi ben tamén o equipo Alevin composto por Iago Pérez e Brais Fernandez, quedando 6º dun total de 12 equipos.

Patinaxe artística en Oviedo

Este domingo 22, a Escola de Patinaxe Artistica, desprazouse a Oviedo, para participar nun Torneo InterClubs de Patinaxe Artistica, invitados polo Centro Asturiano de Oviedo. Neste Torneo participaron escolas de patinaxe de Oviedo, Gijón, Llanera, e a nosa escola representando a Lugo. Aparte do equipo de Competición, poideron desprazarse a Oviedo, todolos alumnos-as da Escola que o desexaran, pois ademais fixose como actividade para que participaran todolos compoñentes da Escola.

Os resultados da nosas patinadoras foron estupendos:

Noraboa as tres medallistas, asi como o resto das nosas patinadoras. Despois da Competicion, houbo unha xornada de convivencia con comida incluida para as compoñentes dos equipos, e despois pola tarde merenda e xogos. Decir que foi unha experiencia moi gratificante, e que todos viñeron encantados.

Sendeirismo Xove camiñando por Toques

56 membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazaronse a localidade Coruñesa de Toques, para face a Ruta "As Fervenzas de Toques" con 14 km. de percorrido e que pasa por unha das fervenzas mais bonitas de Galicia, a Fervenza de Brañas. Tamén pasearon pola localidade de Friol, e visitaron o Castelo-Fortaleza de San Paio de Narla.

Fotos das actividades

fin de semana 1
fin de semana 2
fin de semana 3
fin de semana 4
fin de semana 5