CRONICA DE UN FIN DE SEMANA MOI DEPORTIVO
Estamos acabando tempada, e estamos dandoo todo, en todos os deportes. Gran fin de semana multideportivo.
Sábado 18
-
Campionato Provincial de Patinaxe Artística en Bóveda (Lugo). As nenas de Competición de Primaria, desprazaronse
ata o Concello de Bóveda para participar no Campionato Provincial. Gran resultado das nosas patinadoras, as
cales quedaron Subcampionas Provinciais, acadando a medalla de prata. Noraboa o todo o equipo, nenas, monitora e delegadas,
polo gran traballo que estan facendo.
-
Cuartos de Final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infantil. O noso equipo Infantil, desprazouse a
Lugo para enfrentarse a SD.BECERREÁ, no Pavillón Municipal de Lugo. Gran resultado pois gañaron por 1-6, e
clasificaronse para a fase final do Campionato Provincial que se xogará o vindeiro fin de semana en Castro de
Riberas de Lea. Noraboa a todo o equipo, e desexamosvos moitisima sorte nesa fase final. Sodes un gran equipo.
Domingo 19
-
Campionato Provincial de Atletismo en Pista. Os atletas clasificados, desprazaronse a Lugo para participar
na fase final do Campionato Provincial de Atletismo en Pista,que se celebrou no Estadio Municipal Gregorio
Pérez Rivera de Lugo. Gran participación dos nosos atletas, cos seguintes resultados:
- ALICIA FERNÁNDEZ: Campiona Provincial en Lanzamento de Peso AlevÍn Femenino, Medalla de Ouro.
- NURIA TRIGO: Subcampiona Provincial en Lanzamento de Pelota Alevín Femenino. Medalla de Prata.
- SABELA RAMOS, ANTIA CASTRO,NURIA TRIGO E ALICIA FERNANDEZ: Cuartas Clasificadas no Relevo de 4x60m.lisos.
-
Tamén participaron nesta Fase Final: CARLOTA LOPEZ en 500m.lisos, ANTIA CASTRO en 60m.lisos, PALOMA CASARIEGO en lanzamento de Peso,
SABELA RAMOS en Lanzamento de Pelota, que fixeron unha gran competición e melloraron as suas marcas.
Non poido asistir por lesión IAGO SANCHEZ, que estaba clasificado en Salto de Lonxitude. NORABOA A TODOS-AS
-
O Grupo de Sendeirismo por Asturias. 55 camiñantes do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse a Asturias,
para facer as Rutas, Senda del Oso e Desfiladero de las Xanas. Pola tarde visitaron Cueva Huerta , a cova de
espeleoloxía mais grande de Asturias e unha das mais grandes de España, con mais de 20 km. de lonxitude.
Fotos das actividades