Lucas Mazana e Brais Vidal do equipo infantil, e Mateo Deán e Iago Pérez do equipo alevín, foron convocados cas respectivas Seleccions da Mariña de Fútbol Sala Infantil e Alevin, para participar este domingo día 28 de Xaneiro, nos TORNEOS DE SELECCIONS COMARCAIS DE LUGO, que se celebrarán Mondoñedo é en Sarria.
Lucas e Brais, terán que desprazarse a Mondoñedo para incorporarse a Selección Infantil da Mariña, a cal se enfrentará as Seleccions Sur-Montaña, Lugo Centro, e Terra Chá.
Mateo e Iago, terán que desprazarse mais lexos, pois terán que ir a Sarria, para incorporarse a Selección Alevin da Mariña, que tamén se enfrentará as Seleccions Sur-Montaña, Lugo Centro, e Terra Chá.
Desexamoslles os catro,moita sorte nestes Torneos, e tamén lles queremos dar moito animo e forza, para que o faigan o mellor posible, e poidan chegar a ser escollidos para os equipos das Seleccions Lucenses Infantil e Alevin. Forza rapaces