Christian ca Selección da Mariña

O noso xogador de Fútbol Sala CHRISTIAN COCIÑA GONZALEZ, foi convocado ca Selección de A Mariña de Fútbol Sala Benxamin para participar nunha serie de partidos amistosos, que se celebrarán este mercores día 6 de Decembro en Baamonde (Begonte). O obxetivo destes partidos e confeccionar a Selección Lucense Benxamín de Fútbol Sala. O seleccionador Comarcal, tamén é o noso Monitor da Categoría Benxamin David Ribeira.

Desexamoslle a Christian moita sorte nestes partidos, e esperemos que sexa convocado ca Selección Provincial. Vamoosss Chrissss!!