Dámosche a benvida á nosa Asociación, na cal esperemos que encontres actividades que sexan do teu gusto e agrado, xa que contamos con distintas Escolas Deportivas como: Fútbol Sala, Baloncesto, Patinaxe Artístico, Xadrez, Karate,...etc.etc. e tamén Culturais.
Os nenos-as poden participar na Escola que queiran, sempre que llo permita a súa idade, e os adultos, as que se oferten para eles.
A Xunta Directiva e Delegacións: actual Xunta Directiva quedou ratificada por outro periodo de catro anos (2016-2020).
Un total de 11 Directivos, que se repartirán as suas funcions nas distintas Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE. Para a presente tempada 2019-2020 a ACD.XOVE, ofertará 11 Escolas Deportivas:
Tamén se ofertarán duas Escolas Culturais:
Asimesmo a ACD.XOVE conta con outras actividades como son:
As queixas que teñades, suxerencias, ideas, etc., podedes dende o menú contacto desta páxina web, de forma persoal a calquera membro da Directiva, ou depositalas no Buzón da Asociación (no Pavillón Municipal)
Con respecto o material poñemos a venda distinto tipo de material como: chandals, parkas, mochilas, bolsos chuvasqueiros e sudadeiras. A primeira sudadeira e gratis para os alumnos-as participantes en actividades. Para o resto de material podedes consultar a calquera Directivo.
Esperando que todos disfrutemos co deporte, e vendo facer deporte os nosos fillos-as. Recibe un cordial saudo.
O Presidente.
José Manuel Blanco González
Estes son os principios que deben inspirar o comportamento no Deporte Base da Asociación e ás persoas que a compoñen...